Grupo BB1

Inicio

Biomarcadores Moleculares



BIOMARCADORES MOLECULARES é un grupo de investigación multidisciplinar centrado na investigación biomédica.

O obxectivo común é atopar novos marcadores xenéticos, proteicos ou glicídicos, con vistas á súa posible aplicación en distintas patoloxías humanas. Esta cohesión do grupo non impide que os seus membros participen en liñas de investigación diferenciadas, ou que colaboren con grupos externos en temas afins ou complementarios, ainda que sempre relacionados coa investigación xenética e bioquímica.

Procura e desenvolvemento de marcadores tumorais de cancro de pulmón e do derrame pleural
Trátase dunha liña iniciada en 2010 que actualmente se atopa moi avanzada. Desenvolvéronse dous paneis de marcadores para o diagnóstico do cancro de pulmón e neste momento está a validarse en clínica e estudos multicéntricos, un marcador para diagnóstico de derrame pleural.

Procura e desenvolvemento de marcadores tumorais en biopsia líquida, de utilidade en campañas de screening de cancro colorrectal
Esta liña comezouse no ano 2013 en colaboración con Hospitais de Barcelona, Ourense, Vigo, As Palmas e Alacante. Desenvolvemos un panel de 3 marcadores, 2 proteicos e un xenético cuxa validación está pendente de financiamento. Doutra banda, en 2016 iniciouse un estudo de procura e desenvolvemento de marcadores epixéneticos, utilizando metodoloxía de microarrays.

Indentificación de antíxenos glicídicos como posibles marcadores de prognóstico tumoral ou como posibles dianas de actuación terapéutica para o cancro colorrectal
Esta liña comezou no ano 1997 en colaboración co Servizo de Anatomía Patolóxica do CHUO. Actualmente, empréganse técnicas de busca masiva baseadas na glicoproteómica e no illamento de exosomas.

Últimas novas


Vigo proba en España un test para detectar cancro de pulmón

18.09.2016 | Faro de Vigo

Publicacións recentes


M. Páez de la Cadena, V.S. Martínez-Zorzano, F.J. Rodríguez-Berrocal, L. De Chiara et al.
A new approach to epigenome-wide discovery of non-invasive methylation biomarkers for colorectal cancer screening in circulating cell-free DNA using pooled samples.
Clinical Epigenetics, 10(1): 53, 04/2018 | Impact Factor: 5.799 | DOI

P. Álvarez-Chaver, L. De Chiara, V.S. Martínez Zorzano.
Proteomic profiling for colorectal cancer biomarker discovery
en: J.F. Beaulieu (Eds.):
Colorectal Cancer: Methods and Protocols.
Humana Press Inc., vol. 1765, 2018, ISBN: 978-1-4939-7764-2, pp 241-269 | DOI

O. Mariño Crespo, A. Fernández Briera, E. Gil Martín.
Identification of proteins with the CDw75 epitope in human colorectal cáncer.
Oncology Letters, 15(1): 580-587, 01/2018 | Impact Factor: 1.664 | DOI