Grupo BB1

Noticias

2016


Vigo proba en España un test para detectar cancro de pulmón

18.09.2016 | Faro de Vigo

Pacientes dos complexos hospitalarios de Vigo, Ourense e Santiago participan nun proxecto de investigación para validar un método de diagnóstico precoz e non invasivo de cancro de pulmón. É un proxecto froito da colaboración entre a Universidade de Vigo e o Sergas que apoia a Sociedade Española de Neumoloxía e que agora extenderase ao resto de España con polo menos cinco institucións de prestixio dispostas a participar, entre elas o Hospital La Fe de Valencia.

Éste é un dos proxectos nos que se fixou a asociación Vigo contra o Cancro, que celebra o vindeiro día 23 de outubro a súa cuarta carreira solidaria. Os fondos que recaudan destinanse á investigación e en dúas ocasións fixaronse no grupo de Biomarcadores Moleculares da Universidade de Vigo, que lidera o catedrático Javier Rodríguez Berrocal. ¿En qué proxectos concretos colaboraron? Eran dous, un relacionado co cancro colorrectal e o xa mencionado sobre o cancro de pulmón.

Ler noticia completa

Encontro de investigadores Alström Europe 2016

07.07.2016 | Grupo BB1

A Doutora Diana Valverde organizará o encontro de investigadores Alström Europe na Fundación Jiménez Díaz de Madrid o 10 de outubro de 2016, no que se reunirán os principais expertos mundiais no síndrome de Alström, unha enfermidade ultra-rara que pertence ao grupo das ciliopatías.


Un estudo mellora o diagnóstico da hipertensión pulmonar

06.06.2016 | Faro de Vigo

Coñecer as bases moleculares dunha enfermidade mellora o seu diagnóstico e marca o comezo para a consecución de mellores tratamentos. Unha investigación desenvolvida na Universidade de Vigo analizóu as da Hipertensión Arterial Pulmonar (HAP), unha enfermidade rara de graves consecuencias, así como as mutacións nos pacientes que formaron parte do estudo. O biólogo Guillermo Pousada aplicou por primeira vez no mundo a técnica de minixenes a esta patoloxía para obter unha información que permitirá detectala de forma precoz e elaborar un novo método de pronóstico.

O estudo foi realizado no grupo de Xenética Humana que dirixe a profesora Diana Valverde e que é o único que estuda a HAP dende esta perspectiva en España. Constitúe ademáis a tese de doutoramento de Pousada, que realizou unha estadía de varios meses no Instituto de Investigación Sanitaria La Fe, de Valencia, para formarse na técnica utilizada, así como na Facultade de Farmacia de Santiago.

Ler noticia completa

2015


Os mecenas tamén calzan deportivas

23.10.2015 | Faro de Vigo

Cada pisada acelerará a integración na rutina hospitalaria dunha nova proba diagnóstica para descartar antes e de forma non invasiva os casos negativos de tumores pulmonares. A terceira edición da carreira Vigo contra o Cancro donará a súa recadación deste ano á unidade compartida polo grupo de Biomarcadores Moleculares da Universidade e o Servizo de Neumoloxía do Chuvi, que xa están poñendo a proba con éxito a técnica nos hospitais de Vigo, Santiago e Ourense. Ademáis, a Sociedade Española de Neumoloxía e Cirurxía Torácica acaba de elexir o proxecto para abrilo a centros de todo o país e cinco institucións de prestixio, entre elas, La Fe de Valencia xa amosaron o seu interese por sumarse á iniciativa.

"Os resultados son moi esperanzadores e nun par de anos a técnica xa se realizará nos hospitais. Temos financiación do ministerio ata 2016 e agora tamén da Sociedade de Neumoloxía pero, por desgracia, son axudas parciais e non inclúen fondos para persoal ou non son suficientes para todo o tempo do proxecto. Temos que buscar sistemas alternativos e estamos encantados de aproveitar unha oportunidade así", celebra Alberto Fernández Villar, xefe do Servizo de Neumoloxía.

Ler noticia completa | Entrevista en Radio Marca Vigo


Unidos polos retos biomédicos

15.09.2015 | El País

Grazas a un sistema de traballo no que o laboratorio e a cama do paciente están conectados, o IBI está acadando resultados estreitamente ligados ás necesidades clínicas en áreas moi diversas. Durante os dous últimos anos, o instituto ten dado un salto cualitativo grazas a Biocaps (Programa de Apoio ás Capacidades Biomédicas), un proxecto financiado pola Unión Europea con máis de 4,6 millóns de euros.

O reforzo do equipo científico, a adquisición de equipo punteiro, a organización dunha intensa axenda de actividades de intercambio de coñecemento e a conlaboración con centros de investigación de referencia europeos están impulsando o crecemento e a consolidación do instituto galego, que neste momento conta con cerca de 80 proxectos en execución.

O IBI afronta o derradeiro ano de vixencia de Biocaps con máis do 90% dos obxectivos cumpridos e as bases para posicionarse como centro de excelencia internacional.

Ler noticia completa


Equipos galegos innovan no tratamento do cancro, a hipertensión e a hepatitis C

17.06.2015 | Faro de Vigo

Os institutos de investigación biomédica de Vigo, Santiago e A Coruña, o Sergas e o sistema universitario galego recoñecen o potencial de dúas comunicacións orais que avanzan na análise da xenética en pacientes con hipertensión arterial e a presenza de obestatina/GPR39 en liñas celulares canceríxenas humanas. As III Xornadas de Investigación BioIntegraSaúde 2015 celebradas onte en Vigo tamén premiaron as aportacións de dous traballos en formato póster sobre a utilización de plasmas de biobancos en proteómica e o impacto da hepatitis C en pacientes con VIH ao longo de dúas décadas de enfermidade.

A exposición dos proxectos realizóuse no Auditorio do Centro Social Afundación, onde se realizou un chamamento a unha maior coordinación entre os grupos galegos de investigación sanitaria. A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, foi a encargada de inaugurar o encontro organizado nesta ocasión polo Instituto de Investigación Biomédica de Vigo (IBI) e asumiu públicamente o reto de apoialo para acadar a acreditación do Instituto de Saúde Carlos III ao igual que se fixo có de A Coruña o pasado mes de abril e fai cinco anos có centro de Santiago de Compostela.

Ler noticia completa


Correxir os defectos nos xenes: a estratexia máis eficaz no tratamento de enfermidades raras

22.05.2015 | BIOCAPS

A alteración de tan só un dos miles de xenes que compoñen o xenoma humano pode provocar trastornos graves na saúde das persoas. O cancro é a enfermidade máis coñecida de todas as causadas por unha mutación xenética, pero existen moitas outras, algunhas delas aínda poco coñecidas polo feito de que afectan a un número moi reducido de persoas.

Son as denominadas enfermidades raras, patoloxías polo xeral hereditarias para as que os estudos xenéticos e as terapias xénicas se revelaron en moitos casos como as estratexias máis eficaces no seu diagnóstico e tratamento. Así o explicaron os expertos participantes no seminario científico organizado polo Instituto de Investigación Biomédica (IBI) no marco do proxecto BIOCAPS.

Os cinco poñentes que desglosaron no Colexio Médico de Vigo importantes avances no tratamento das enfermidades raras máis comunes ofreceron perspectivas complementarias sobre os aspectos epidemiolóxicos, xenéticos, clínicos e terapéuticos que as rodean.

Diana Valverde, investigadora do IBI, expuso a importancia do estudo xenético no diagnóstico precoz e a identificación de futuras dianas terapéuticas no caso das ciliopatías. Grazas ao proxecto BIOCAPS, Valverde tivo ocasión fai uns meses de avanzar nesta liña de investigación en colaboración con científicos do Laboratorio de Bioloxía Molecular do Consello de Investigacións Médicas, en Cambridge.

Ler noticia completa en BIOCAPS (English) | IBIVIGO (Castelán)


Oito mil euros solidarios para reforzar el I+D

30.04.2015 | Faro de Vigo

Dous mil corenta e seis mecenas se calzaron as zapatillas na segunda edición da carreira solidaria Vigo contra o Cancro para dar o seu alento á batalla que se libra fronte á enfermidade nos laboratorios do campus. Os responsables da asociación acaban de facer entrega dos 8.200 euros recadados ao grupo de Biomarcadores Moleculares BB1 para que desenvolvan novas técnicas de detección precoz. E en agradecemento, os investigadores instalaron unha placa á entrada das súas dependencias científicas.

"Nós somos uns meros intermediarios, o importante é o que fan eles, que están a loitar por unha idea que teñen. Sen os proxectos que os investigadores levan adiante non sería posible avanzar fronte á enfermidade. E o que máis nos interesa é que a xente coñeza os estudos que se están facendo nesta universidade", destaca María Soliño, responsable de Vigo contra o Cancro xunto con Alberto de Miguel, Roberto Andrade e David Álvarez.

Ler noticia completa


A xenética aplicada á saúde bucal

15.04.2015 | Faro de Vigo (Especial Saúde)

A investigación xenética chegou tamén ao campo da odontoloxía. É o caso do estudo desenvolvido ao longo dos últimos anos pola clínica do doutor Pedro Guitián, sobre a influencia que teñen as variacións dalgúns xenes do xenoma humano da poboación galega na perda de oso arredor de dentes e implantes dentais.

A diferencia de, por exemplo, a cor dos ollos, heredada a través dun solo xene, no caso destas enfermidades que afectan á perda prematura de dentes e implantes dentais, os xenes implicados son varios. “Por este motivo, e aínda que as investigacións están avanzadas, necesitaranse algúns anos máis para aclarar cal é o total de xenes involucrados e en qué medida, aínda que todo apunta a que uns poucos son os que posúen un papel máis importante”, afirma a doutora Elena López Alvar, quen, en conxunto có Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía da Universidade de Vigo, dirixido pola profesora Diana Valverde, intenta aportar o seu grao de arena na investigación destas enfermidades. Precisamente, parte dos resultados da súa investigación foron presentados durante o derradeiro congreso español da Sociedade Española de Periodoncia e Osteointegración celebrado en Barcelona.

Ler noticia completa

2014


Os "socios fundadores" da Universidade

20.10.2014 | Faro de Vigo

Arredor de 300 profesores integraban a plantilla da Universidade de Vigo cando se emancipou de Santiago fai 25 anos. No curso da segregación, 1989/1990, a matrícula ascendía a 11.524 alumnos, o 21,58% de toda Galicia. Faro reúne e recolle as testemuñas dalgúns dos docentes que participaron na orixe desta "historia de éxito". Todos eran moi mozos e participaron nun proceso colectivo e ilusionante para crear novos plans de estudo, montar laboratorios e empezar unha senda que hoxe goza de visibilidade internacional.

Ler noticia completa en: Faro de Vigo (suscriptores) | DUVI


Zapatillas e probetas contra o cancro

06.10.2014 | Faro de Vigo

A cidade calzaráse as zapatillas o día 26 para que a carreira contra a epidemia do século XXI avance máis deprisa nos laboratorios. A Asociación Vigo contra o Cancro organiza a súa segunda cita solidaria, que este ano terá unha versión competitiva e outra de carácter máis lúdico, e cuxos beneficios se doarán ao grupo de Biomarcadores Moleculares BB1 que desenvolve no campus novas técnicas para a detección precoz da enfermidade.

A recadación de 2013 -8.358 euros tras descontar os gastos- foi destinada de forma directa á Asociación Española contra o Cancro, (AECC) pero os organizadores apostaron este ano por un proxecto local. Pouco habituados a recibir propostas deste tipo, os investigadores amósanse encantados coa iniciativa e todo o grupo participará na carreira. "Sorprendeume a proposta porque son xente moi xove, pero teñen unha enerxía e un entusiasmo incrible e non o dubidamos", sinala o catedrático Javier Rodríguez Berrocal.

Catro mozos que viviron experiencias moi cercanas á enfermidade están detrás desta cita que na súa primeira edición sumou 1.330 inscripcións e un total de 1.700 asistentes. "Salía a correr para combatir a frustración e pensaba qué podía facer para axudar. Así se me ocurriu o da carreira e a positividade que teñen os enfermos me animou a elo. O fin social da asociación é apoiar a investigación, que é a única maneira de frear algún día a enfermidade", comenta Rosa Soliño.

Ler noticia completa


A ciencia non pecha por vacacións

28.08.2014 | Faro de Vigo

O campus está deserto á espera de alumnos, que apuran as súas vacacións antes do estreno de curso o próximo lúns, pero nos laboratorios a vida segue a pesar do verán. Os investigadores con experimentos en marcha, os estudantes enfrascados sen descanso nas súas teses e os profesores que prefiren traballar sen distraccións son os escasos habitantes das facultades durante o mes de agosto.

A viguesa Olalla Otero, que busca biomarcadores para cáncer colorrectal en soro, comparte esta filosofía. "A ciencia é diferente, non é coma o resto de ámbitos que pechan en verán. E mentras fas a tese non podes parar todo un mes. É moito tempo e sempre hai cousas por hacer. Agora mesmo teño un experimento en marcha e é habitual que teñas que preparar artigos para enviar a revistas. Pero se leva ben".

Ler noticia completa

2013


Patentan un método que predí cómo progresa o VIH

01.11.2013 | Diario Atlántico

Un equipo de investigadores da Universidade de Vigo e do Servizo de Mediciña Interna do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo acaba de dar un paso máis na mellora do tratamento da enfermidade do VIH/sida ao deseñar un novo método capaz de predicir a progresión da enfermidade dunha persoa infectada có virus da inmunodeficiencia humana (VIH).

O obxectivo último é a curación funcional do VIH e conseguir que aínda que unha persoa esté infectada nunca chegue a enfermar do sida.

O achado, cuxa patente xa foi solicitada, facilita ao profesional sanitario información de como se espera que evolucione a enfermidade e facilita así formular as pautas médicas de maneira persoalizada.

"Supón saber con antelación como vai a comportarse a enfermidade, se vai a ter unha progresión rápida ou si, polo contrario, a progresión se desenvolverá de maneira lenta, de maneira tal que as pautas médicas variarán en función da progresión" segundo apunta Diana Valverde, profesora da Área de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Vigo, integrante dun equipo de traballo do que tamén formaron parte os profesores Jacobo de Uña e Mar Rodríguez do Departamento de Estatística e Investigación Operativa, e os profesionais do Chuvi Antonio Ocampo, Lucía Constenla e Alfredo Rodríguez.

Ler noticia completa


Investigadores vigueses desenvolven un kit para detectar tumores malignos sen biopsia

06.10.2013 | Faro de Vigo

Tratan día a día con pacientes que acuden ás súas consultas con "medo". Agora, para afinar, os afectados teñen que someterse a diversas probas, algunhas invasivas, como a realización dunha biopsia, que implica a extracción dun fragmento de tecido e, por tanto, o ingreso nun quirófano, coa espera que eso conleva. A resposta sempre tarda demasiado para quen a necesita canto antes e non existen opcións no mercado para abreviar o proceso.

Os especialistas do Servizo de Neumoloxía da Área Integrada de Vigo detectaron unha necesidade, "buscar métodos cada vez máis rápidos, máis seguros, máis resolutivos e que permitan acelerar o proceso de diagnóstico coa menor invasividade posible", explica Alberto Fernández Villar, xefe de dito servizo. Ademáis, diso derivaríase un aforro ao sistema sanitario e contribuiríase á súa sostenibilidade, di.

Por eso, en colaboración có Grupo de Investigadores de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía da Universidade de Vigo, que dirixen os profesores Javier Rodríguez Berrocal e María Páez de la Cadena, buscaron proteínas -biomarcadores- que permitirán discernir se é ou non probable que se trate de procesos malignos ou benignos en función do valor que alcance no líquido pleural ou no sangue. Só faría falta unha extracción e non habería que esperar entre "8 e 10 días para ir a quirófano".

Ler noticia completa


BB1 participa nun proxecto de prevención do cancro colorrectal dotado con 1.200.000€

27.06.2013 | Diario da Universidade de Vigo

En enfermidades como o cancro colorrectal, que xa é a segunda causa de morte por cancro, un diagnóstico precoz mellora moito a esperanza de vida dos pacientes. Por isto, é imprescindible mellorar as ferramentas para detectar a patoloxía tan axiña como sexa posible. Conscientes desta necesidade a Asociación Española Contra o Cancro, Aecc, ven de conceder unha axuda de 1.200.000 euros e cinco anos de duración a un proxecto de Grupos Coordinados Estables para investigar a prevención do cancro de colon, un traballo liderado desde o Hospital Clínic de Barcelona e no que participan a Universidade de Vigo e os hospitais universitarios de Canarias e Alacante.

O catedrático Javier Rodríguez Berrocal, investigador principal do Grupo de Biomarcadores Moleculares, grupo de Excelencia e Consolidado pola Xunta de Galicia, dirixe o equipo de investigadores que participarán desde Galicia no proxecto, cinco investigadores deste grupo aos que hai que sumar os expertos que colaboran desde o Hospital do Meixoeiro, dirixidos polo investigador Vicent Hernández, e no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, coordinados por Joaquín Cubiella.

Ler noticia completa

2012


Biólogos vigueses colaboran na creación do primeiro rexistro de síndromes diabéticos raros

07.11.2012 | Faro de Vigo

Teñen síntomas comúns a outras enfermidades, o que dificulta o seu diagnóstico, e son tan pouco frecuentes, que o seu estudo todavía está pouco desenvolvido. Son os síndromes diabéticos raros e soamente hai dous centros en España especializados no seu estudo. Un destos equipos está na Universidade de Vigo e acaba de colaborar na creación do primeiro rexistro estatal para recabar información sobre estas patoloxías hereditarias cuxo nexo común é a intolerancia do organismo á glucosa.

O Institut de Recerca Biomèdica de Bellvitge atópase á fronte desta iniciativa na que tamén participan o Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Raras (CIBERER) e o CIBERER Biobank.

A base centrase en tres enfermidades: os síndromes de Wolfram, Bardt-Biedl e Alström. O equipo vigués, liderado pola bióloga Diana Valverde e pertencente ao departamento de Biomarcadores Moleculares, analiza os dous últimos. "De Alström se coñecen arredor de 700 casos a nivel mundial; del Bardt-Biedl, en España detectamos a 83 familias", explica e engade que, hoxe, "hai un interés crecente por eles", xa que se diagnostican máis e se necesita máis información para tratalos.

Ler noticia completa

2011


Segmentos de ADN de gran utilidade

23.10.2011 | La Voz de Galicia

Dí o refrán popular que máis vale previr que curar. Anticiparse á enfermidade, prever cómo reaccionará o corpo e evitar determinados efectos secundarios seguen sendo retos aos que a diario se enfrontan os investigadores que traballan no ámbito sanitario. Os biomarcadores xenéticos están sendo de gran utilidade neste sentido e un grupo da Universidade de Vigo ten acadado, en colaboración con varios hospitais da cidade, mellorar con eles a eficacia dos tratamentos para pacientes de Sida, tuberculosis, o cancro colon-rectal ou unha das coñecidas como enfermidades raras, o síndrome Bardet-Biedl.

A clave está na lectura do ADN. Nos seus fragmentos foron capaces de localizar mutacións involucradas no desenvolvemento deste inusual síndrome, que a pesar de ter un ratio baixo de casos é hereditario. Trátase dunha enfermidade, que ademáis de obesidade, pode provocar cegueira nocturna, retraso mental, danos renais e incluso pode propiciar a aparición dun sexto dedo nas mans ou os pes. É quizáis o caso máis chamativo no que están traballando actualmente pero tamén o menos común. Os biomarcadores deste grupo de investigadores da Universidade de Vigo tamén supoñeron avances en enfermidades tan comúns como a hipertensión arterial pulmonar. «Realmente pode ter aplicacións en casi todos os servizos», apunta a profesora e investigadora Diana Valverde.

Ler noticia completa


O Sergas xestiona súa primera patente coa Universidade

21.04.2011 | Diario Atlántico

É o resultado do traballo dunha “unidade compartida” formada polo grupo de Biomarcadores Moleculares da Universidade de Vigo, que encabeza o catedrático Javier Rodríguez Berrocal, e por parte do Sergas, polo equipo do xefe do Servizo de Neumoloxía do Complexo, Alberto Fernández Villar. A unidade se creou oficialmente en marzo de 2008, aínda que os investigadores xa estaban colaborando dende o ano 2005.

A idea consiste en desenvolver (e protexer cunha patente) unha proteína, que sería fácil de analizar e que permitiría distinguir con absoluta certeza os pacientes que teñen cancro de pulmón dos pacientes con patoloxías benignas e os individuos sanos.

Javier Rodríguez Berrocal explica que no cancro de pulmón existen poucas probas diagnósticas e as que hai son invasivas. A investigación do grupo permitiría a análise dunha proteína no líquido pleural do paciente e, segundo o resultado que se obteña, saberíase si esa persoa require dunha proba invasiva para confirmar o diagnóstico ou para descartarlo. Desta xeito, lograríase evitar a proba invasiva a moitas persoas que non o necesitarían.

Ler noticia completa

2010


Un proxecto para detectar o cancro de pulmón recibe financiamento do Instituto Carlos III

10.02.2010 | Faro de Vigo

Un proxecto da facultade de Bioloxía para a detección precoz do cancro de pulmón será o único programa de investigación vigués que reciba financiamento do Instituto de Saúde Carlos III, dos 23 que bolsa en Galicia. O organismo dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación proporciona ao grupo vigués da área de Bioquímica unha axuda de 115.000 euros, dos máis de dous millóns e medio que destina a esta comunidade autónoma, para o desenvolvemento do innovador estudo, que ten como investigadora principal á profesora da Universidade de Vigo María Páez de la Cadena Tortosa.

O proxecto xorde cunha intencionalidade práctica. Aínda que parte dun proceso de investigación, os obxectivos procuran unha futura aplicación a nivel clínico. Actualmente, a maioría dos pacentes con cancro de pulmón non microcítico (CPNM) son diagnosticados cando xa presentan síntomas, polo que a patoloxía se encontra xa en estadios moi avanzados, debido, en gran medida á ausencia de bós marcadores que poidan detectarse en sangue ou soro.

Ler noticia completa