Grupo BB1

Bioquímica de Proteínas


O grupo de Bioquímica de Proteínas o formamos tres Bioquímicos, Profesores de Universidade: 2 Catedráticos e un Titular, 2 contratadas posdoutorais, 3 doutorandos, un técnico de laboratorio e un técnico administrativo. Investigamos sobre o desenvolvemento de novos marcadores para o cancro de pulmón e o cancro colorrectal.

Actualmente estamos desenvolvendo e validando marcadores para a detección precoz do cancro colorrectal nun estudo multicéntrico no que interveñen Hospitais de Barcelona, Ourense, Vigo, As Palmas e Alicante. Noutro estudo multicéntrico, realizado en colaboración con Hospitais de Santiago de Compostela e Ourense, estamos levando a cabo a validación en líquido pleural do marcador calprotectina para o diagnóstico de derrame pleural maligno. Asimesmo estamos desenvolvendo un método de diagnóstico de cancro de pulmón baseado nun panel de 4 marcadores séricos.

Estamos realizando tamén estudos sobre a implicación de CD26 na invasión e metástase en cancro colorrectal así como o seu posible papel como marcador de células nai tumorais (CSC).

En colaboración cona Empresa CZVeterinaria levamos a cabo estudos relacionados con ántixenos para vacinas clostridiales e do virus da lingua azul.

Membros do Equipo


F. Javier Rodriguez Berrocal
 

F. Javier Rodriguez Berrocal

Doutor en Bioloxía
Catedrático de Universidade (CU)
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 812 571 | Despacho D11
berrocal@uvigo.es

María Paez de la Cadena
 

María Paez de la Cadena

Doutora en Bioloxía
Catedrática de Universidade (CU)
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 812 572 | Despacho D10
mpaez@uvigo.es

Vicenta Soledad Martínez Zorzano
 

Vicenta Soledad Martínez Zorzano

Doutora en Bioloxía
Profesora Titular de Universidade (PTU)
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 812 575 | Despacho LI53
vzorzano@uvigo.es

Lorena Vázquez Iglesias
 

Lorena Vázquez Iglesias

Doutora en Bioquímica
Contratada Postdoutoral (CPOS)
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 813 841
lorena.vazquez@uvigo.es

Loretta De Chiara Prada
 

Loretta De Chiara Prada

Doutora en Bioloxía
Contratada Postdoutoral (CPOS)
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 813 841
ldechiara@uvigo.es

Sonia Blanco Prieto
 

Sonia Blanco Prieto

Doutora en Bioloxía
Investigadora Posdoutoral
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 813 841
soniabp@uvigo.es

Olalla Otero Estevez
 

Olalla Otero Estevez


Alumna de Doutoramento
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 813 841
olalla.otero@uvigo.es

Marta Rodríguez Quiroga
 

Marta Rodríguez Quiroga


Alumna de Doutoramento
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 813 841
mquiroga@uvigo.es

Leticia Barcia Castro

Leticia Barcia Castro


Técnica de Laboratorio
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 813 841
leticia.barcia@uvigo.es

Mª Mercedes Riádigos García

Mª Mercedes Riádigos García


Técnica de Xestión
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 647 343 278
maryriadigos@uvigo.es

María Gallardo Gómez
 

María Gallardo Gómez


Alumna de Doutoramento
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 813 841
mgallardo@uvigo.es

Glicoproteómica


Os Dres. Fernández Briera e Gil Martín contan con dúas décadas de traxectoria de investigación en glicobioloxía oncolóxica, máis concretamente no estudo da glicosilación anómala no cancro colorrectal (CCR) humano. A financiación acadada a través de Proxectos e Contratos-Programa, xunto coa colaboración de expertos dos Servizos de Anatomopatoloxía e de Cirurxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, permitiron abordar diversos obxectivos de investigación básica (1) e algúns estudos clínicos retrospectivos (2).

(1) O traballo do grupo ten comprendido o estudo da actividade e/ou expresión no tecido tumoral de CCR das enzimas de glicosilación, glicosidasas e glicosiltransferasas, e con especial atención os cambios experimentados polas sialil- e fucosiltransferasas implicadas na síntese terminal de antíxenos glucídicos.

(2) O estudo da expresión de diferentes epitopos glucídicos terminais das glicoproteínas en tecido tumoral e preneoplásico permitiron detectar cambios significativos, como foi o caso de varios integrantes da familia antixénica Lewis (monofucosilados como Lea e Leb, difucosilados como Lex e Ley ou sialilados como sLea e sLex), dos antíxenos monosialilados sTn e CDw75 ou do peculiar ácido polisiálico (PSA), característico da proteína de adhesión NCAM. Entre estes achados, os concernentes aos antíxenos sLea, sLex e CDw75 apareceron no marco de estudos retrospectivos sobre cohortes de pacientes operados de CCR e, segundo o caso, puidéronse relacionar có estadio tumoral ou acreditarse como marcadores de pronóstico en CCR.

A investigación actual do grupo está centrada no estudo da α(1,6)fucosilación (ou core-fucosylation), catalizada pola enzima α(1,6)fucosiltransferasa (xene FUT8), en CCR. Con importancia contrastada en distintos carcinomas (fígado, tiroides, ovario), os nosos estudos revelaron a existencia de cambios significativos na súa actividade e expresión no tecido tumoral de CCR, o potencial desta última na predicción da recurrencia local do tumor, así como a existencia de dúas proteínas α(1,6)fucosiladas con expresión diferencial en tecido tumoral. A extensión actual desta liña de traballo comprende a caracterización do perfil de glicosilación de liñas tumorais nock-down para o xene FUT8 (mediante aplicacións de glicoproteómica e glicómica) e o estudo dos efectos funcionais que esta atenuación da core-fucosylation ten sobre importantes capacidades da célula tumoral.

Membros do Equipo


Almudena Fernández Briera
 

Almudena Fernández Briera

Doutora en Bioloxía
Catedrática de Universidade (CU)
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 812 573 | Despacho D9
abriera@uvigo.es

Emilio Gil Martín
 

Emilio Gil Martín

Doutor en Bioloxía
Profesor Titular de Universidade (PTU)
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 812 570 | Despacho D12
egil@uvigo.es

Rubén López Cortés
 

Rubén López Cortés


Alumno de Doutoramento
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 812 573
rlcortes@uvigo.es

Oscar Mariño Crespo
 

Oscar Mariño Crespo


Alumno de Doutoramento
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 812 573
oscarmar@uvigo.es

Lucia Patiño Álvarez

Lucia Patiño Álvarez


Alumna de Doutoramento
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 812 573
luciapatino17@hotmail.com

Isabel Correa Pardo

Isabel Correa Pardo


Alumna de TFM
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 812 573
Celia Costas Sánchez

Celia Costas Sánchez


Alumna de Doutoramento
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 812 573
celiacostassanchez@gmail.com

Nair Varela Rouco
 

Nair Varela Rouco


Alumna de Doutoramento
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 812 573
nairvarelarouco@gmail.com

Xenética Humana


O equipo de Xenética Humana está liderado pola Dra. Diana Valverde, profesora titular da área de Bioquímica e Bioloxía molecular. O equipo está composto pola IP e catro estudantes de doutoramento que realizan as súas teses no campo das enfermidades raras, no fallo de implantes dentais e na reproducción asistida, e dous investigadores posdoutorais.

Parte do noso equipo investigador traballa na caracterización molecular e funcional de ciliopatías, principalmente nos síndromes de Bardet-Biedl (SBB) e Alström (ALMS), ademáis doutros como Senior-Loken e Joubert. Dispoñemos de mostras dunhas 100 familias afectadas de BBS e ALMS, recollidas en colaboración con centros de toda a xeografía española e algúns centros estranxeiros, especialmente a Fundación Jiménez Díaz (Madrid), Hospital Virgen de la Arrixaca (Murcia), IIS-La Fe (Valencia) e Hospital de Terrassa (Barcelona). Temos unha sólida traxectoria na análise mutacional dos principais xenes implicados nestas enfermidades e temos deseñado un algoritmo de diagnóstico molecular para o SBB en poboación española. Na actualidade, estamos centrados na aplicación de novas tecnoloxías de secuenciación masiva para a mellora do diagnóstico de ciliopatías.

Tamén investigamos sobre mecanismos potencialmente implicados no seu desenvolvemento, como a metilación de promotores, e estamos realizando estudos funcionais en xenes ciliares con modelos in vitro e in vivo para profundizar na base molecular destas enfermidades: caracterización funcional de mutacións no modelo animal do peixe cebra (Danio rerio), estudos transcripcionais en modelos celulares utilizando a técnica de minigene assay e estudo de rutas de sinalización coordinadas polo cilio primario en modelos celulares silenciados, tanto en xenes ciliares xa descritos como en novos xenes candidatos.


Outra parte do equipo investigador atópase caracterizando molecularmente a Hipertensión Arterial Pulmonar, clasificada como unha enfermidade rara debido a súa baixa prevalencia. O principal compromiso acadado neste grupo é analizar os principais xenes implicados no desenvolvemento da patoloxía e os moduladores xenéticos coa finalidade de identificar novas mutacións que aporten un valor engadido ao diagnóstico xenético. Os novos cambios xenéticos atopados son analizados mediante análise in silico (PolyPhen-2, Pmut, SIFT) e mediante análise in vitro (Minigene Assay, Luciferase Assay, estudos de localización subcelular e estudos epixenéticos). Colaboramos có Complexo Hospitalario de Pontevedra, o Hospital Universitario de Vigo, o Hospital 12 de Outubro (Madrid)… e moitos pacientes nos son remitidos dende calquera punto da xeografía española tras unha colaboración coa Asociación Nacional de Hipertensión Pulmonar.

Por outro lado, tamén traballamos en colaboración có Hospital Universitario de Vigo, na identificación xenética de factores que inflúen na infección por VIH. Neste estudo temos analizado as características epidemiolóxicas, clínicas e analíticas dos pacientes infectados por VIH-1, ademáis de estimar a prevalencia de diferentes marcadores xenéticos asociados á lenta progresión para avaliar a súa relación coa progresión da infección.

Finalmente, en colaboración coa Clínica Guitián, analizamos a perda de implantes dentais. Estas perdas, estimadas no 3,5% da poboación con implantes, poden estar relacionadas coa resposta inmunolóxica ou por factores xenéticos. Por iso traballamos analizando 2 marcadores xenéticos que interveñen na resposta inflamatoria.

O noso equipo realiza estudos xenéticos a demanda previa consulta, traballamos con todos os hospitais e centros hospitalarios de ámbito nacional e internacional.

Membros do Equipo


Diana Valverde Pérez
 

Diana Valverde Pérez

Doutora en Bioloxía
Profesora Titular de Universidade (PTU)
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 811 953 | Despacho LI53
dianaval@uvigo.es

Guillermo Pousada Fernández
 

Guillermo Pousada Fernández

Doutor en Bioloxía
Investigador posdoutoral
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 811 953
g.pousada@uvigo.es

Alfredo Rodriguez Da Silva
 

Alfredo Rodriguez Da Silva

Doutor en Bioloxía
Investigador posdoutoral
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 811 953
fredysuko@hotmail.com

María Álvarez Satta
 

María Álvarez Satta

Doutora en Bioloxía
Investigadora posdoutoral
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 813 841
masatta@uvigo.es

Sheila Castro Sánchez
 

Sheila Castro Sánchez

Doutora en Bioloxía
Investigadora posdoutoral
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 813 841
sheila.castro@uvigo.es

Elena López Alvar

Elena López Alvar


Alumna de Doutoramento
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 811 953
elena@clinicaguitian.eu

Sabela García Oro

Sabela García Oro


Alumna de Doutoramento
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 811 953
sabela.oro@quironsalud.es

Brais Bea Mascato

Brais Bea Mascato


Alumno de Doutoramento
Área de Bioquímica (060)


Facultade de Bioloxía
+34 986 811 953
bbea@uvigo.es

Mauro Lago Docampo
 

Mauro Lago Docampo


Alumno de Doutoramento
Área de Bioquímica (060)


Facultad de Biología
+34 986 811 953
sabela.oro@quironsalud.es

Antigos Membros


MªTeresa Piñeiro Gallego

Doutora pola Universidade de Vigo coa tese titulada: “Caracterización genética de retinopatías humanas: Enfermedad de Best, Sindrome de Bardet-Biedl y Síndrome de Alström.” Ano 2013.

Inés Pereiro Rodríguez

Doutora pola Universidade de Vigo coa tese titulada: “Espectro mutacional de los genes relacionados con el Síndromes de Bardet-Biedl en pacientes españoles”. Ano 2010.